Imprimir y PDF

A D.O. Ribeira Sacra, cita en Xantar

05/02/2020

Os amantes do viño e da gastronomía teñen unha cita en Ourense do 5 ao 9 de febreiro cunha nova edición de Xantar, a única Feira Internacional de Turismo Gastronómico acreditada na Península Ibérica.

Os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra estarán presentes en Xantar co Túnel do Viño 2020, un espazo reservado a profesionais para que as adegas dos diferentes Consellos Reguladores poidan dar a coñecer as súas últimas referencias. Coa aposta firme por fomentar a cultura vitivinícola de Galicia, este evento con máis de 20 anos de experiencia, recibe cada edición miles de visitantes procedentes da euro-rexión Galicia-Norte de Portugal, así como das comunidades limítrofes, e prescritores de toda a Península Ibérica.


O Túnel do Viño Xantar 2020, contará coa presenza de 16 viños de 10 adegas con D.O. Ribeira Sacra:  

  • Adega Algueira S.L. (Algueira, Brandán, Algueira Carravel)
  • Adegas Moure (Viño tinto Mencía Abadía da Cova)
  • Alma Das Donas S.L.U. (Almalola, Almanova)
  • Bodegas Petrón, S.L. (Prómine)
  • Bodegas Rectoral de Amandi (Rectoral de Amandi Barrica Edición Limitada Manolo Arnoya, Rectoral de Amandi)
  • Bodega Regina Viarum S.L. (Regina Viarum, Regina Viarum Rosae)
  • Adega Ronsel Do Sil ( Vel’ Uveyra Mencía 2018)
  • Lar De Ricobao, S.L. (Lar de Ricobao “Rosado Bágoas de Mencía”, Lar de Ricobao “Selección do Val”)
  • Rabelas S.L. (Os Cipreses Mencía)
  • Spanish Wines by Carlos Rodríguez S.L. (Aba Solleira)

Ademais de estar presentes no Túnel do Viño, os viños de D.O. Ribeira Sacra formarán parte dos Talleres Gastronómicos de degustación dos produtos do mar de Galicia, Aula Mar. Así o venres, 7 de febreiro, catarase o viño da D.O. Ribeira Sacra en “Cata a lata” coa Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos, en horario de 13.15 a 14.15. E o domingo, 9 de febreiro, de 17.00 a 18.00, o viño con D.O. Ribeira Sacra degustarase en Acuicultura “Descúbrea” con outras D.O. e I.X.P de Galicia.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.