Imprimir y PDF

A arte da poda

10/02/2020

A estas alturas do ano os viticultores centran a actividade da viña na poda. Redúcese a parte vexetativa da vide co obxectivo de limitar o seu crecemento natural e mellorar o seu rendemento e calidade das uvas. É unha parte fundamental do traballo na viña que axuda a definir o viño. 

Un ano máis, a Ruta do Viño da Ribeira Sacra, organiza a xornada “a arte da poda”. A cita terá o lugar o sábado, 15 de febreiro, a partir das 10.30 da mañá, en Adegas Amedo, en Tarrío-San Fiz, Chantada. 

A actividade ten un prezo de 20 euros e consistirá en visita ao viñedo co técnico da adega e explicación da poda e práctica no viñedo, para rematar con visita á adega, cata dos seus viños e comida. As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse no correo rutavino@ribeirasacra.org ou chamando ao teléfono 698 167 991. 

A actividade prolongarase ata as 16.30 horas e non inclúe transporte. Recoméndase levar roupa e calzado axeitados. A proposta ábrese tamén á participación dos máis novos, de modo que os menores de 6 anos poden participar de balde e os nenos de entre 6 e 12 anos terán que abonar 10€.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.