Premiados no XI Tempranillos ao Mundo de Ourense e Certame Internacional de Brancos Galegos
15/11/2016
A Dirección Técnica do Concurso coordinada pola Asociación Galega de Enólogos (AGE) e a Federación Española de Asociacións de Enólogos (FEAE) a feito publico os galardoados en Tempranillos ao Mundo 2016 e Certame Internacional de Brancos Galegos 2016 no que sete marcas acollidas á D.O. Ribeira Sacra foron premiadas en diferentes categorias.
Os galardoados nesta edición de 2016 son:
- Sombrero da adega Nova Toural S.L. na categoría de Tempranillo de Ouro
- Lar de Ricobao da adega Lareira de Ricobao S.L. na categoría de Tempranillo de Ouro Viños Brancos Galegos
- Os Cipreses da adega Rabelas S.L. na categoría de Tempranillo de Prata Viños Brancos Galegos
- Adega Barbado da adega Javier Méndez Arias na categoría de Tempranillo de Prata Viños Brancos Galegos
- 1904 Adega Vella da adega de Jorge Feijoo González na categoría de Tempranillo de Prata Viños Brancos Galegos
- Escalada da adega Adega Algueira S.l. na categoría de Tempranillo de Prata Viños Brancos Galegos
- Peza do Rei da adega Adega Cachín S.C. na categoría de Tempranillo de Prata Viños Brancos Galegos
Este concurso contou co respaldo institucional da Unión Internacional de Enólogos (UIOE) e o MAGRAMA (Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do Goberno de España), garantes desta edición e coa participación dun panel de catadores de primeira liña mundial.
O Concurso aberto a todos aqueles viños elaborados, a partir da variedade Tempranillo e as súas sinonimias, nun abanico no que se inclúen outras referentes nacionais.
Ademais, nesta edición, celebrouse de forma paralela, o Certame Internacional de Viños Galegos.