Na sede Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra tivo lugar a presentación da Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2017 de Luís Paadín. A presentación contou coa presenza do autor da Guía e do Presidente do CRDO Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez González, entre outros.
O responsable da Guía, Luís Paadín, destaca que nesta edición participaron un maior número de viños da Denominación de Orixe e que obtiveron maior puntuación que en edicións anteriores, constatando así a gran evolución da Denominación e a gran proxección de futuro dos viños con D.Ou. Ribeira Sacra.
Nesta edición da Guía aparecen referenciadas 95 adegas da D.O. Ribeira Sacra; 93 viños de D.O. Ribeira Sacra obtiveron medalla, dos cales 14 foron Gran Ouro (92-100 puntos), 62 medallas de Ouro (85-91) e 17 medallas de Prata (80-84).
Unha das características da Guía nesta edición, é que o número de catadores elevouse a 46 e que ademais dos directores técnicos das D.Ou. de Galicia e destacados catadores galegos tamén participaron nas catas os directores técnicos das D.O. de Rioja, Bierzo e Toro.
A Guía inclúe máis de 1.500 marcas de viños referenciadas e 545 adegas e destilerías apuntadas de toda Galicia. Desta Guía edítanse máis de 2.000 exemplares que se distribúen por vinotecas e librerías de diferentes puntos de Galicia e de España.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España