Imprimir y PDF

Ribeira Sacra en Enofusión

23/01/2017

A QUE  SABE UNHA PAISAXE?    E UNHA TRADICION MILENARIA?  E A VITICULTURA HERÓICA?

Estas preguntas tiveron resposta na cata - presentación que tivo lugar esta mañá no Centro do Viño de ENOFUSIÓN 2017 que se celebra en Madrid dentro do espazo de Madrid Fusión. A cata dirixida por Dna. Isabel Mijares unha das personalidades máis capacitada e importante no mundo do viño; gran coñecedora dos viños de D.O. Ribeira Sacra, estivo acompañada polo presidente do Consello Regulador, D. José Manuel Rodríguez González e pola técnico Ruth Fernández Vidal.

Previamente á cata de sete viños referentes e representativos da Denominación de Orixe (3 viños tintos mencía da anada 2015, 1 branco súmmum da anada 2015, 1 viño tinto mencía barrica da anada 2015, 1 branco súmmum barrica de 2014 e 1 tinto barrica da anada 2012), ofreceuse unha presentación xeral da Denominación, para que o numero público asistente, preto de 100 persoas,  puidese coñecer a procedencia dos viños, as diferentes elaboracións segundo as variedades e a particularidade da viticultura de montaña en Ribeira Sacra.
A cata organizada polo Consello Regulador ha tido unha gran acollida nesta cita tan relevante a nivel nacional e internacional, xa que os viños de Ribeira Sacra cada vez espertan máis interese entre o público especializado e son máis demandados.

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra nace en 1991 entre os milenarios bancales de pedra, de orixe romana que se reflicten nas ribeiras dos ríos Miño e Sil e que xuntos debuxan unha terra de beleza singular e espectacular entre as provincias de Lugo e Ourense. TRADICION MILENARIA.
Ás características do chan e os elevados desniveis con pendentes que poden chegar ata o 85%, dise que os romanos construíron pedra a pedra estreitos bancales que soportaron o tempo e outorgaron a esta terra unha paisaxe arquitectónica diferente e peculiar, dando lugar ao que se coñece como VITICULTURA HEROICA.

Pola dificultade do traballo nas viñas e o acceso ás veces case imposible ao viñedo, que en ocasións só pode facerse  a través do rio. Unha das viticulturas de montaña máis fermosa e  difícil do mundo. As características desta viticultura reflíctese na espectacularidade da paisaxe en Ribeira Sacra reflectido nos ríos e as súas ribeiras, que dan lugar a diferentes tipos de chans, temperaturas, orientacións e climas.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: