Imprimir y PDF

Ribeira Sacra estará presente en el salón de Xantar

01/02/2017

Viños acollidos á Denominación de Orixe estarán presentes no salón internacional de turismo gastronómico que se celebra cada ano na cidade de Ourense, no que participan principalmente empresas de Galicia pero tamén do resto de España e outros paises que participan como convidados.
Os principais obxectivos deste salón son:

  • Servir de plataforma para os produtos agrogandeiros e pesqueiros de calidade das distintas Denominacións de Orixe de Galicia
  • Promover o Turismo a través da Gastronomía
  • Promover a competitividade no sector da restauración

O lugar onde máis protagonismo teñen os viños con D.O. é o Túnel do Viño, no que oito marcas diferentes de seis adegas acollidas á Denominación de Orixe estarán presentes para que os asistentes poidan catalas.

Outra das actividades que se realizarán é unha cata na aula Gastronómica da Conselleria de Medio Rural na que se elaborá unha maridaxe de varios produtos con calidade diferencia e viños de D.O. Ribeira Sacra. Esta actividade principal será:
MÉRCORES 1 DE FEBREIRO 13:30 .- Taller degustación con alimentos de IXP Tenreira Galega.
Imparte: Chef Javier Ponche.
Colabora: Consellería do Medio Rural - Xunta de Galicia, IXP Pataca de Galicia, IXP Mel de Galicia, IXP Castaña de Galicia, IXP Faba de Lourenzá,CRDO San Simón dá Costa, CRDO Cebreiroe con viño D.O. Ribeira Sacra.
Localización: Aula Gastronómica Medio Rural/Cuevas.

Ligazóns


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: