O Consello Regulador da Denominación de Orixen Ribeira Sacra estará presente con caseta propia na feira internacional Prowein que se celebra do 19 de marzo ao 21 de marzo en Düsseldor, Alemaña. Ribeira Sacra estará no Pavillón de España, Hall 10, caseta B112.
Prowein é a feira profesional internacional de viño máis importante e de máis prestixio, na que se poden atopar viños de todo o mundo. Esta feira é unha cita ineludible para os profesionais do viño e é unha oportunidade excelente para promocionar e dar coñecer os viños de Ribeira Sacra no mercado internacional onde os viños acollidos á denominación de orixe son cada vez máis demandados e valorados.
O Consello Regulador organizou un Túnel do Viño no que 12 adegas da Denominación de Orixe participan achegando máis de 20 marcas de diferentes tipos de viños tintos e brancos, de diferentes anadas, para que o público profesional asistente poida degustar a singularidade dos viños de Ribeira Sacra.
As adegas que participan no Túnel do Viño do stand do Consello Regulador son:
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España