"Vinis Terrae" - Salón de Viños e Licores Galegos
31/03/2017
Os próximos 3 e 4 de abril celébrase en Expourense a sétima edición do salón Vinis Terrae na que o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra estará presente con stand propio.
Tamén acudirán con caseta propia 13 adegas acollidas á Denominación de Orixe:
- Bodegas de Rectoral de Amandi S.A.U.
- Manuela Valdés Pérez (Adega Tear)
- Ernesto Rodríguez Pérez (Adega O Canceliño)
- S.A.T. Virxen dos Remedios
- Karma do Sil S.L.
- Regina Viarum S.L.
- Manuel Calvo Méndez (Bodega Ribada)
- Lar de Ricobao S.L.
- Nova Toural S.L.
- Chao do Couso S.L.
- Don Bernardino S.L.
- Pena das Donas S.L.
- Finca Millara Bodegas y Viñedos S.R.L.
No programa de actividades realizaranse diversas catas cos viños premiados cos "Acios de Galicia 2016", haberá un Túnel do Viño permanente coas referencias das adegas participantes no salón e un espazo do EVEGA (Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia).
Nesta edición de "Viños Terrae" contará coa presenza de máis de 50 importadores e compradores estranxeiros de 19 países diferentes, así como distribuidores de diferentes lugares de España que terán a oportunidade de coñecer as últimas anadas das 60 adegas adscritas ás cinco Denominacións de Orixe Galegas (Ribeiro, Monterrei, Ribeira Sacra, Valdeorras e Rías Baixas) e tamén ao Consello Regulador de Licores e Augardentes de Galicia.
Este salón consolídase como unha importante cita internacional para as adegas de Galicia que contribúe a situar aos viños galegos no mercado exterior e convértese nun gran centro de negocio internacional para as adegas galegas.