Do 9 ao 11 de Maio de 2017 celébrase a Feira Nacional do Viño (FENAVIN) en Ciudad Real na que o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra estará presente, do mesmo xeito que en edicións anteriores, no stand institucional da Xunta de Galicia: Pavillón 4, Osiris, Rúa 7, Caseta 1.
Neste certame estarán presentes tamén varias adegas da Denominación de Orixe coa finalidade de dar a coñecer os seus viños e ampliar os seus contactos e negocios comerciais, nun momento no que os viños de Ribeira Sacra están cada vez máis valorados tanto no mercacdo nacional como no internacional.
As seguintes adegas acollidas á Denominación de Orixe Ribeira Sacra estarán tamén presentes:
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España