Imprimir y PDF

Inicio puntual de vendima en Ribeira Sacra

18/08/2017

Mañá, 19 de agosto, está previsto que se inicie a vendima na primeira adega pertencente á D.Ou. Ribeira Sacra.
Así o notificou na sede do Consello Regulador "Adega dos Taboada"  situada no concello de Castro Caldelas na subzona de Ribeiras do Sil.

3 días máis tarde, o 22 de agosto, será a adega de Eladio Martínez "Anzio"  e "Adega Algueira"  ambas as no concello de Sober,  e subzona de Amandi, as que comecen coa recollida do froito.  

Mentres as primeiras adegas adscritas á D.O. Ribeira Sacra anunciaron a súa intención de comezar coa actividade de vendima, os técnicos do Consello Regulador seguen recollendo mostras de uva para completar os controis de maduración nas viñas pertencentes ás 5 subzonas da Denominación de Orixe.  
Estes controis determinaran o estado da uva para que nos próximos días o Pleno do Consello Regulador poida realizar unha valoración xeral e establecer unha data oficial recomendada para a vendima 2017.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: