Imprimir y PDF

Medidas preventivas adoptadas nas oficinas do C.R.D.O. Ribeira Sacra para contribuír a evitar a propagación do coronavirus

13/03/2020

Desde o Consello Regulador establécense as seguintes medidas: 

  • Cancelar as visitas e reunións con provedores
  • Pospoñer as actividades de promoción
  • Pospoñer as reunións (Comisións e Plenos)
  • As auditorías de certificación, control e seguemento e renovación quedan temporalmente pospostas
  • Cancélase a atención personalizada a viticultores
  • Extender o teletraballo ao maior número posible de traballadores do Consello Regulador
  • Reducir o horario de atención ao público de 8.00 a 15.00
Por responsabilidade pedimos que reduzan as visitas ás instalación do Consello Regulador a aquelas que sexan estrictamente imprescindibles, e que traten de resolver as cuestión ordinarias por vía telefónica ou por correo electrónico.

Estas  medidas aplicaranse, nun principio, no período comprendido entre o 13 de marzo e o 31 de marzo do 2020, período que podería modificarse se as medidas extraordinarias establecidas polo gobernó así o aconsellan. 

Agradecendo a túa comprensión e en espera dunha pronta solución.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.