Imprimir y PDF

Se queres un Ribeira Sacra pídeo

24/04/2020

Na D.O. Ribeira Sacra séguese co traballo nas viñas conforme ás directrices sanitarias e o traballo técnico do Consello Regulador desenvólvese segundo os protocolos establecidos.

Os viños da D.O. Ribeira Sacra están a ser os viños galegos que máis se venden nos supermercados, pero a incerteza chega coas limitacións no sector da hostalería, o tempo que bares e restaurantes permanecerán pechados; e como se fará a súa reapertura. Nesta situación as adegas da D.O. Ribeira Sacra dispoñen de medios para poder seguir vendendo viño, ben a través da súa web ou por comercio electrónico; e tamén hai adegas que realizan envíos a pedidos telefónicos ou a través de correo electrónico.

Na páxina web do C. R.D.O.R.S. contamos coas adegas clasificadas por subzonas onde se ofrecen os distintos contactos das mesmas e un buscador que levaría ao visitante á adega escollida, para desde alí poder coñecer como solicitar ese viño. Consumir nestes momentos, máis ca nunca, os nosos propios produtos é fundamental, por iso desde o C.R.D.O.R.S. facemos un chamamento ao consumidor a que aposte polos viños galegos con D.O., sectores próximos que debemos apoiar entre todos para que repercuta no ben de todos.

Xa que non todas as adegas dispoñen de moitos servizos online e si teñen interese en poder chegar ao cliente, desde o C.R.D.O.R.S. dámoslles a oportunidade de que nos comuniquen ese interese para centralizalas a todas desde a web oficial.Esta información irase actualizando diariamente de modo que as persoas interesadas en beber un Ribeira Sacra poidan acceder a el facilmente.

Integran esta lista, que se actualizará diariamente con novas incorporacións:

Abadía da Cova-Adegas Moure: https://www.adegasmoure.com/es/tienda-online
Aba Solleira: https://abasolleira.com/tienda/; 653 328 458 / 676 391 523
Adega Algueira: http://www.adegaalgueira.com/tienda
Alma das Donas: http://almadasdonas.com/tienda/; 988 200 045 / 655 108 637
Calexotes: 661 900 693
Casa Moreiras: www.casamoreiras.com; 680 545 830
Adega Cruceiro: Ramón (609183352), Puri (669299594); http://www.adegacruceiro.es/web2/tiendainfo@adegacruceiro.es
Don Bernardino: www.donbernardino.com/tienda/es/; 982 40 47 01/670 88 24 49
EDV 2015 (Don Cosme): 636 164 330/650 983 654
Finca Míllara: www.fincamillara.com; 620 72154
Lar de Ricobao: 662 677 415/690 951 032; http://www.lardericobao.com/ https://tienda.lardericobao.com/
ventas@lardericobao.com e info@lardericobao.com 
Malcavada: 699 073 420; info@malcavada.com
Peza do Rei: www.adegacachin.com; 691 410 194(César) / 671 705 642 (Tania) / 619 859 281 (César)/ 666 501 800 (Chus); adegacachin@adegacachin.com/adegacachin@adegacachin.es
Rectoral de Amandi: 982 15 21 57; http://www.rectoraldeamandi.com/ o https://www.bodegasgallegas.com/; Rectoral de Amandi: rectoraldeamandi@bodegasgallegas.com; Central Bodegas Gallegas: vinos@bodegasgallegas.com
Ronsel do Sil: http://www.ronseldosil.com/shop/; 685.877.740 y 988.984.923; info@ronseldosil.com/ 
Adega Sollío: +34 639787637; adegasollio@yahoo.es
Val da Lenda: 629 679 639; info@valdalenda
Vía Romana: 982 462 069;  www.viaromana.es;  bodega@viaromana.es
Viña Cazoga: 661 644 952
Viña Frieira: 677385044


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.