Este sábado día 9 de maio, ás 13:30 horas, animámosvos a que descorchedes unha botella de viño con Denominación de Orixe, sirvádesvos unha copa e participedes nun brinde colectivo nunca visto ata o momento.
Ás 13:30, desde todos os puntos do país, unirémonos para celebrar as cousas boas e sinxelas da vida, como o é compartir un viño. Ademáis, servirá para mostrar todo o noso apoio ás denominacións de orixe, agricultores, adegueiros e produtores, a todo un sector que vive momentos incertos e que necesita máis que nunca sentirnos preto.
Para iso, convidámosvos a que subaades as vosas fotos, vídeos, comentarios ou o que queirades co hashtag #BrindisMovimientoVinoDO e que nos ensinedes que non fai falta estar xuntos para estar xuntos. E se ademáis decídesnos qué música estades escoitando, poderemos facer entre todos unha lista de reprodución en Spotify con eses temazos cos que saborear unha copa de viño con Denominación de Orixe.
A situación actual impídenos reunirnos, gozar da compañía dos nosos amigos e familia, con todo, temos todo ao noso alcance para que iso non sexa un impedimento e poidamos gozar dunha copa de viño con Denominación de Orixe en compañía (virtual) de todos eles. Anímate e participa!
O DÍA MOVEMENTO VIÑO D.O. está promovido pola Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), a asociación sen ánimo de lucro que representa ás Denominacións de Orixe de viño de España.
Desde o C.R.D.O.R.S. organizamos desde o día 6 ata o 13 deste mes un concurso de fotos celebrando o día #MovimientoVinoDO. Consulta na nosa web e redes sociais e participa. Os premios daranche a posibilidade de coñecer a Ruta do Viño da Ribeira Sacra.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España