Imprimir y PDF

Catas riquiñas con viños da D.O. Ribeira Sacra

13/05/2020

Desde Xantar propoñen saír de viños os venres con viños das D.O. galegas. O ciclo denominado “catas riquiñas” estará guiado pola experta en catas, Mercedes González Rodríguez.

Este venres 15 de maio ás 19.00 h. comeza o ciclo con viños da D.O. Ribeira Sacra. Esta cita cos viños da D.O. Ribeira Sacra pretende tamén servir para apoiar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade da UNESCO, que foi un dos fíos condutores da última edición de Xantar.

Para participar e seguir esta cita  gratuíta a través de  zoom, é necesario inscribirse aquí. Despois só hai que descorchar unha botella de viño da D.O. Ribeira Sacra. Na inscrición pódese indicar a marca que é para que a directora da cata o teña en conta e poida dar máis matices da túa cata. A organización desta cita que conta coa colaboración do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra suxire completar o encontro online cunha deliciosa tapa de polbo con queixo galego.

Despois da inscrición recibirase un correo electrónico de confirmación con información para unirse ao seminario web. Tamén hai a opción de seguilo a través de Facebook Live desde a páxina de @Xantar.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.