Imprimir y PDF

Só son viños de Ribeira Sacra os viños amparados pola Denominación de Orixe

16/05/2020

O 14 de maio a publicación The Wine Advocate, fundada por Robert Parker, valoraba unha serie de viños da zona de produción da D.Ou. Ribeira Sacra e de zonas limítrofes. Entre eses viños referenciados hai adegas e viños da D.O. Ribeira Sacra e desde o Consello Regulador congratúlanse dos bos resultados destas adegas amparadas pola D.O. Ribeira Sacra.

Sen embargo, The Wine Advocate nomea como viños de Ribeira Sacra, marcas non amparadas nin certificadas pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Algúns medios de comunicación que se fan eco destas publicacións internacionais  replican o mesmo erro da publicación fundada por Parker.

Desde o C.R.D.O.R.S. lémbrase e insiste en que só son viños de Ribeira Sacra e por tanto, só pode utilizar esta denominación por ser marca rexistrada, os viños amparados pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra, certificados con este selo de calidade. Non poden facer uso da marca Ribeira Sacra, adegas e viños que non estean certificados na Denominación de Orixe.

O  C.R.D.O.R.S. determinará as accións para desenvolver para evitar que se siga facendo unha apropiación indebida do nome de Viños de Ribeira Sacra e solicita aos medios de comunicación que non usen a marca Ribeira Sacra se non son viños amparados pola D.O. Facelo supón un prexuízo para as adegas e viños que si forman parte da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Dos viños referenciados na publicación The Wine Advocate e noutros medios como viños de Ribeira Sacra, sí pertencen á D.O. Ribeira Sacra: 

  • Guímaro Pombeiras 2018 (98)
  • Guímaro-Capeliños 2018 (97)
  • Guímaro-A Ponte 2018 (95)
  • Guímaro-Meixemán 2018 (95)
  • Dominio do Bibei 2016 (95)
  • Dominio do Bibei-Lacima 2016 (95)
  • Algueira-Cortezada 2019 (94)
  • Guímaro-Camiño Real 2108 (94)
  • Guímaro-Cepas Viejas 2018 (94)
  • Algueira-Risco 2016 (94)
  • Castro Candaz-El Curvado 2108 (93)
  • Algueira-Brancellao 2013 (93)
  • Castro Candaz- Boca do Demo 2018 (93)
  • Guímaro 2018 (93)
  • Ronsel do Sil-Al Pie del Cañón 2018 (93)
  • Dominio do Bibei Lapola 2017 (93)
  • Xabre 2017 (93)
  • Dominio do Bibei Lalama 2016 (93)
  • Dominiio de Bibei Lapena 2014 (93)
  • Algueira Cortezada 2012 (93)
  • Algueira Pizarra 2012 (93)

O resto non son viños amparados pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra e non poden utilizar a marca rexistrada de viños de Ribeira Sacra.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: