O pasado 6 de Outubro finalizou oficialmente a vendima na D.O. Ribeira Sacra cun total de 5.515.694 quilos recollidos, na súa maioría da variedade Mencía, auténtica pedra angular na Ribeira Sacra.
O pasado 19 de agosto comezaba puntualmente a vendima na Denominación de Orixe para aquelas adegas que polas características e localización dos seus viñedos facían que a uva cumprise os parámetros esixidos polo Consello Regulador.
O día 7 de setembro foi a data oficial recomendada polo Pleno do Consello Regulador para o inicio da vendima. En total foron 49 días de intensa actividade nos viñedos e adegas da denominación de orixe.
"É unha vendima temperá. Pero non tan longa. É unha vendima que se foi realizando moito máis graduada do que era normal con respecto a outros anos. As maduracións na denominación son moi variadas e as adegas que compran uvas en distintos lugares van ampliando ese espazo de recollida de uva porque é a maneira de ter unha materia prima de maior calidade. Vanse adaptando á realidade da maduración e non facer unha vendima rápida en dúas semanas". José Manuel Rodríguez, Presidente do C.R.D.O.R.S.
A calidade do froito recolleito e o seu estado sanitario foron moi bos, a pesar da complexidade dunha tempada na que os incidentes meteorolóxicos complicaron as perspectivas da colleita. Durante os días que durou a vendima as condicións meteorolóxicas foron favorables; xa que o tempo foi seco e apenas houbo choivas, aspecto que propiciou que a uva entrase nas adegas nun estado fitosanitario bo.
A cantidade de quilos por variedades é a seguinte:
Variedades tintas:
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España