Imprimir y PDF

Aberto o prazo para participar no “Mondial des Vins Extremes” que se celebrará entre o 16 e 18 de xullo

05/06/2020

O “Mondial des Vins Extremes”, que se celebra no Val italiano de Aosta, terá lugar este ano, entre os días 16 e 18 de xullo. Trátase do certame internacional máis importante no ámbito da viticultura de montaña ou viticultura heroica, da que a D.Ou. Ribeira Sacra é un dos máximos expoñentes. 

Para participar debe completarse o formulario de solicitude en liña no sitio web www.mondialvinsextremes.com. Para máis información cóntase coa oficina do concurso no número: +39.0165.902695 +39.335.7050965

Os criterios que definen á viticultura de montaña e que, por tanto, deben de cumprir as Denominacións para que os seus viños participen no certame deben de ser algúns dos seguintes: altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en puntos da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en terrazas.

En España os únicas D.O. participantes son Canarias, Priorat e Ribeira Sacra. Estamos en territorios de "viticultura heroica”, denominación á que se chega por unhas condicións orográficas que non permiten a mecanización, viñedos de pequeno tamaño frecuentemente organizados en terrazas de cultivo; condicións climáticas adversas ou/e porque o viñedo atópase en zonas xeográficas con paisaxes de elevada beleza e con carácter turístico. 

A través deste Certame e doutras iniciativas, o CERVIM quere promover e valorizar a produción enolóxica desas terras que se caracterizan polas dificultades estruturais, pero tamén por viños singulares que teñen unha personalidade extraordinaria.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.