Imprimir y PDF

Ribeira Sacra recibe a un grupo de prescriptores de Holanda

26/10/2017

No día de onte un total de 16 prescriptores entre os que se atopaban distribuidores, catadores e xornalistas holandeses visitaron varias adegas e viñedos amparados baixo a D.O. Ribeira Sacra e finalmente cataron no Centro do Viño da Ribeira Sacra 44 referencias de 24 adegas diferentes.
O grupo estivo coordinado por Claudia Van Dongen, unha asesora de referencia no mundo do viño nos países baixos e que coñece con detalle o sector en España e cuxo obxectivo é o de descubrir e dar a coñecer zonas emerxentes do viño como Ribeira Sacra. «Con esta visita abriranse novas posibilidades comerciais para as adegas e afianzarase a presenza da D.O. Ribeira Sacra no mercado holandés », apuntaban desde o consello regulador.

Eliane Faerstein, unha das integrantes do grupo,  sommelier e winelover, apunó que: ?esta xira que estamos a realizar por Galicia é unha oportunidade para descubrir denominacións de orixe emerxentes como é o caso de Ribeira Sacra, que a pesar de non coñecela xa sabiamos do seu potencial. Destacou a "impresión que supuxo o descubrir a paisaxe e o desnivel dos viñedos". A variedade de uva mencía, auténtica pedra angular en Ribeira Sacra, "é unha variedade non tan coñecida en Holanda".

Este grupo, cuxo obxectivo é o de introducir novos viños nos seus mercados, quedaron moi impresionados coa cantidade de tipos de viños que se poden elaborar coa mesma variedade de uva e destacaron "a paixón dos viticultores que producen estes viños onde cada un ten estilos diferentes". "Esta diversidade é moi interesante" apuntaba Eliane Faerstein. Tamén sinalou que "en Holanda a pesar de consumirse máis as variedades tintas, quizais debido ao clima, tamén o mercado comeza a mostrar interese noutras variedades como o godello"  e apuntou que "actualmente é unha das tendencias crecentes en Holanda. Os brancos están a ser cada vez máis valorados".

A importancia desta viaxe é a de dar a coñecer nun mercado como as holandés zonas de viño como Ribeira Sacra e que o consumidor final poida ter acceso a estes viños.
O presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez apuntou que: "Afortunadamente somos un territorio que cada día estamos máis nese espazo dos prescriptores onde todos queren vir visitalo, a descubrilo e a percorrelo e ver realmente o que é Ribeira Sacra. Hoxe veu este grupo de holandeses e outras veces toca outra xente doutras latitudes pero o importante é que entre todos logremos que os nosos viños estean nos mellores lugares do mundo e que sexamos ese obxecto de interese por parte de prescriptores. Hai que seguir traballando xa que o obxectivo non é chegar a ningunha meta, a verdadeira meta é a de estar día a día traballando e procurar vender o viño o mellor posible para que nunha viticultura dificultosa como a nosa, póidase pagar a uva ao que realmente custa producila e teñamos garantido un futuro".
"Hai que pensar que Holanda, Noruega, Inglaterra, Suecia ou Finlandia teñen un consumo de viño per cápita maior que o que temos en España. Son países cun nivel adquisitivo alto e con gran interese por viños sobre todo como os do noso tipo, viños diferenciados e fáciles de beber"
Este primeiro contacto é o inicio dunha conexión maior. O obxectivo é introducir novas marcas no mercado holandés, un país onde a superficie de cultivo é moi reducida e onde xa existen algunhas referencias de viños de Ribeira Sacra.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.