Imprimir y PDF

Comeza a vendima na D.O. Ribeira Sacra

25/08/2020

A adega Ronsel do Sil da zubzona Ribeiras do Sil anuncia, que salvo imprevistos, inicia este mércores, 26 de agosto, os traballos de recollida de uva de variedades puntuais en determinadas parcelas. Entre tanto, técnicos do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, realizan os controis de maduración que axudarán a fixar unha data oficial para o inicio xeneralizado da vendima nesta Denominación.

Os controis de maduración realízanse sempre nas mesmas parcelas, representativas das cinco subzonas e con uvas de distintas variedades. Cos resultados, o departamento técnico do Consello elaborará un informe que presentará a pleno para que se fixe a data oficial recomendada para o inicio da vendima; que o ano pasado foi o 19 de setembro despois de que a vendima na D.O. comenzara o 28 de agosto por parte doutra adega de Amandi, Adega Damm S.L. A vendima do 2019 terminaríase convertendo na máis abondosa da historia con 7.262.831 quilos recolleitos.

Nesta vendima en que viticultores e adegueiros enfróntanse ao reto da recollida de uva garantindo a seguridade fronte á Covid19, o estado sanitario das uvas promete ser óptimo, aínda que se prevé que non sexa unha vendima tan abundante como a anterior, podendo este ano non chegar aos 6 millóns de quilos de uva ao darse algunhas enfermidades puntuais nas viñas.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.