Imprimir y PDF

16 de setembro, inicio oficial da vendima na D.O. Ribeira Sacra

10/09/2020

O pleno do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra fixa como data recomendada para o inicio xeneralizado da vendima na Denominación de Orixe o 16 setembro, prolongándose previsiblemente a recollida da uva ata mediados do mes de outubro.
 

Os resultados dos controis de maduración nas viñas que viña desenvolvendo o equipo técnico da Denominación desde finais de agosto, permitiron determinar o estado da uva e definir a data oficial para o inicio da vendima nesta campaña.

Na pasada vendima, a máis abondosa da D.O. Ribeira Sacra, a data recomendada para o inicio da vendima foi o 19 de setembro, aínda que unha adega comezaba cos traballos de recollida nalgunhas parcelas o 28 de agosto como este ano fixo Ronsel do Sil o 26 de agosto na subzona Ribeiras do Sil.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.