Imprimir y PDF

A D.O. Ribeira Sacra patrocina o proxecto audiovisual Ribeira Sacra-Actual

18/09/2020

No 2018 a D.O. Ribeira Sacra colabora co proxecto audiovisual de Queiman e Pousa; un vídeo musical para promocionar a Ribeira Sacra como candidata a Patrimonio Mundial da Humanidade. Aquel primeiro proxecto amosa unha Galicia emigrante dos anos 60 cando non se percibía a riqueza cultural e rural do interior de Galicia.

Nesta ocasión e coincidindo coa vendima, Queiman e Pousa, co patrocinio da D.O. queren amosar a segunda parte, unha Galicia moderna e sostible, recoñecendo a labor dos adegueiros e viticultores da D.O. Ribeira Sacra que traballan na viticultura heroica.

Ademais do videoclip promocional farase un vídeo documental sobre o renacemento da Ribeira Sacra coa creación do C.R.D.O.R.S. e entrevistas aos protagonistas.

A rodaxe desta segunda entrega, Ribeira Sacra_Actual, ten como datas estimadas entre o pasado 14 de setembro e o 22 de setembro. Agárdase facer o lanzamento do traballo no Mosteiro de Montederramo entre finais de outubro e comezos de novembro.

Os vídeos desta segunda entrega buscan o memo obxectivo de difundir a Ribeira Sacra como candidata a Patrimonio da Humanidade e exaltar a riqueza do interior rural galego.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.