Imprimir y PDF

Próximas actividades formativas da D.O. Ribeira Sacra

29/09/2021

Seguen as catas de iniciación aos viños da D.O. Ribeira Sacra. No mes de outubro estas catas, que teñen lugar en horario de tarde, desenvolveranse nos municipios de: A Pobra do Brollón o día 7; A Teixeira o día 14; Parada de Sil o día 26 e o día 27 en Portomarín. Estas catas completaranse en novembro con citas no Saviñao e Quiroga. É necesario inscribirse ata 7 días antes de cada cata en mercedes.embajadora@gmail.com ou no 689 292 675.  

Entre o 4 e o 13 de outubro e o 18 e o 25 Monforte acolle dous novos cursos de aplicador manipulador de produtos fitosanitario nivel básico. Para as fins de semana de outubro tamén se impartirá en Monforte un curso de aplicador de fitosanitarios, nivel cualificado. Para estes cursos as inscricións faranse no teléfono 677 403 508.  

Tamén para o mes de outubro prográmase un curso de enoturismo que se desenvolverá en Monforte entre o 4 e o 7 de outubro en horario de mañá. E outro de viticultura sostible que se impartirá entre o 18 e o 21 de outubro, tamén en horario de mañá. As inscricións deben de facerse tamén no 677 403 508.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: