Imprimir y PDF

Ángel Villafranca: As D.O. son o buque insignia do noso sector e a maior proba da gran riqueza do noso país

31/01/2022

A Interprofesional do Viño de España (OIVE) e a Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV) renovaron o seu convenio de colaboración ata 2024 co obxectivo de seguir cooperando en accións, actividades e iniciativas que redunden en beneficio do conxunto do sector vitivinícola español.

Durante a firma do convenio, na sede da OIVE en Madrid, o presidente da Interprofesional, Ángel Villafranca, explicou que esta renovación implica continuar axuntando esforzos e visións para, entre outras cuestións, “recuperar o consumo de viño no noso país, un dos obxectivos principais de OIVE, compartido tamén por CECRV”.  

Para Villafranca, contar coas denominacións de orixe na defensa do sector “é imprescindible, xa que son o noso buque insignia e a maior proba da gran riqueza do noso país”.  

Na mesma liña pronunciouse David Palacios, presidente de CECRV, para quen é “vital que as organizacións representativas do sector traballemos de forma conxunta para visibilizar ante a sociedade e ante as institucións e os poderes públicos a importancia e a transversalidade do viño español e difundir a calidade e a diversidade do noso produto”. Por iso, subliñou, “a renovación deste acordo supón un paso máis cara a este obxectivo común”.  

A Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV) e a Interprofesional do Viño de España (OIVE) manteñen desde 2017, ano no que se inicia o acordo, unha estreita colaboración, desenvolvendo accións conxuntas de defensa do sector vitivinícola. Ademais, CECRV é un dos membros do Comité de Marketing e do Comité de Promoción Exterior da Interprofesional do Viño de España, que definen a súa estratexia de promoción a nivel nacional e a nivel internacional. Ambas as organizacións manteñen, ademais, unha comunicación directa a través das reunións periódicas que se celebran dentro do seo do Comité Mixto CECRV- OIVE no que se traballou conxuntamente sobre asuntos relacionados cos fins e obxectivos tanto da OIVE como de CECRV, así como poñer en valor a achega do sector en termos de sustentabilidade económica, social e ambiental.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: