Imprimir y PDF

As Denominacións de Orixe reforzan a súa aposta pola unidade ante os retos sectoriais

15/03/2022

A Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas, a organización que representa ás denominacións de orixe de viño, celebrou o 11 de marzo, na D.O. Campo de Borja, a súa XXIX Asemblea Xeral. A reunión do máximo órgano de goberno da organización acordou aumentar os recursos internos da organización, reafirmando así a decidida aposta pola defensa dos intereses colectivos e a unidade do conxunto das DDOO ante os numeoroso retos que plantexa a realidade sectorial e o escenario internacional.

O venres, 11 de marzo, no Museo do Viño da D.O. Campo de Borja (no Mosteiro de Veruela), tivo lugar a XXIX Asemblea Xeral da Conferencia Española de Consellos Regladores Vitivinícolas (CECRV), a asociación que representa ás denominacións de orixe de viño a nivel nacional. O encontro contou coa asistencia de 56 representantes dunha ampla maioría das máis de 50 DDOO que forman parte da organización onde non falta a D.O. Ribeira Sacra.

XXIX Asemblea Xeral da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV)

A reunión permitiu, desde o punto de vista da organización interna, aprobar máis recursos para a Conferencia, nunha clara mostra da vontade das denominacións de orixe polo crecemento da organización. Así mesmo, serviu para expoñer, analizar e debater, por parte do conxunto das DDOO que forman parte de CECRV, as reformas de políticas da Unión Europea que afectan directamente ao sector e que cristalizarán, no que resta de ano, en propostas lexislativas sobre o sistema de indicacións xeográficas, a promoción de produtos agroalimentarios e a etiquetaxe de bebidas alcohólicas. E, por último, a XXIX Asemblea Xeral de CECRV deu a coñecer ás DDOO os resultados do estudo sobre a sustentabilidade ambiental das denominacións de orixe que realizaron o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e CECRV.

Desde o punto de vista interno, a organización sae desta Asemblea con máis recursos para aumentar os servizos e as actividades da organización. O obxectivo, que as denominacións de orixe de viño sigan sendo unha parte central e casos de éxito no marco dos retos derivados da actual política de reformas da UE, que se materializarán en propostas lexislativas nos próximos meses, a partir das prioridades políticas da Unión (Pacto Europeo Verde, Reforzo da Unión Europea da Saúde…), coa sustentabilidade e o fomento de dietas equilibradas e saudables como eixos sobre os que pivotarán boa parte das modificacións lexislativas que incumbirán ao sector, en termos de xestión das indicacións xeográficas, promoción e etiquetaxe.

Iso, sen deixar de prestar atención a unha posible reordenación de prioridades das políticas públicas, tanto a nivel comunitario, como a nivel nacional, derivadas do incerto e cambiante escenario xeopolítico internacional xerado pola agresión militar de Rusia a Ucraína. En relación coas consecuencias deste conflito internacional e poñendo por diante sempre o drama humanitario, como a necesidade máis urxente que debe ser atendida, preocupan tamén a subida de prezos e a dispoñibilidade dos insumos, así como do custo da enerxía, ademais das perdas económicas que estes mercados están a xerar a numerosos operadores e ao sector no seu conxunto. Por todo isto, ante a excepcionalidade da situación, desde CECRV solicítase ás administracións un aprazamento na tramitación, aprobación ou aplicación de calquera iniciativa lexislativa que neste momento poida dificultar ou encarecer a actividade agraria.

Reunión da Asemblea da CECRV

Con todo, a XXIX Asemblea Xeral de CECRV serviu tamén para presentarlle aos membros da organización os resultados do estudo de sustentabilidade ambiental das denominacións de orixe de viño, realizado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e CECRV. O estudo, ademais de significar as iniciativas de sustentabilidade ambiental máis importantes xa implantadas a nivel nacional e internacional, identifica con claridade ás denominacións como ferramentas de sustentabilidade, deixando constancia do que xa fan, das liñas de avance e mellora continua neste ámbito e da diferenciación e complementariedade do papel para desempeñar nesta materia por parte dos consellos reguladores, como motores de cambio colectivo, de formación e sensibilización dos operadores, así como facilitadores de ferramentas que permitan reducir custos e contar con apoio técnico para o conxunto de membros dunha D.O.

A reunión celebrouse no marco dun programa de actividades máis amplo, organizado polo C.R.D.O. Campo de Borja e desenvolvido entre o 10 e o 12 de marzo, que permitiu aos consellos reguladores de CECRV coñecer máis e mellor as particularidades e potencialidades dunha zona de produción que se identifica por unha decidida e sostida aposta no tempo pola Garnacha, variedade principal da D.O.




CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.