Imprimir y PDF

Presentación das Xornadas de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

11/06/2019

Do 14 ao 16 de xuño celébranse a VIII Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño da Ribeira Sacra. Estas VIII Xornadas presentábanse na tarde deste martes no Centro do Viño da Ribeira Sacra coa participación da Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; o Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez e o Presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Luis Fernández.

Entre as propostas para esta fin de semana está o Viñobus, coas seguintes saídas o sábado, 15 de xuño:

  • Ás 10 da mañá do aparcamento do Parque dos Condes en Monforte de Lemos e con visitas a varias adegas, xantar en Sober e visita ao Centro Oleiro Rectoral de Gundivós
  • Ás 9.30 da Estación de Ferrocarril de Ourense e chegada ás 20.00 e con visitas ao Pazo de Tor, varias adegas, xantar en Chantada e paseo en lancha polo Río Miño
 O domingo 16 de xuño:
  • Saída ás 10.00 do aparcamento do Parque dos Condes en Monforte de Lemos e chegada ás 15.00, con visitas ao, Ecomuseo de Arxeriz e varias adegas
  • Saída ás 9.30 da estación de ferrocarril de Ourense e chegada ás 15.00, con viisitas ao Centro Oleiro de Gundivós (Sober) e varias adegas
Para o Viñobús cóntase con servizo de transporte e guía acompañante especializado na Ribeira Sacra. A actividade ten un custe de 5€/adultos, 2´50€/nenos (de 3 a 13 anos). O xantar non está incluído. Aforo limitado.

Celebraranse Rutas como a do “Románico en Pantón”, con visitas ao Mosterio do Divino Salvador, San Miguel de Eiré, Santo Estevo de Atán e San Vicente de Pombeiro con guía especializado en Románico e “Somérxete no Miño” por Chantada, ruta de sendeirismo de 6km. entre viñedos en San Fiz e no Camiño de Inverno, con visitas a unha adega e paseo en barca polo Miño. Inclúe degustación de petiscos maridados con viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, así como guía, acompañante e transporte.

Entre outras actividades as Xornadas de Portas Abertas contarán con Cata comentada e Picoteo, o día 14; Gincana Infantil pola zona histórica de Monforte e Túnel do Viño no claustro do Centro do Viño da Ribeira Sacra o día 15 de Xuño. Para todas as propostas é necesaria inscrición previa na web da  Ruta do Viño da Ribeira Sacra


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.