Imprimir y PDF

Adegas e Viñedos Vía Romana S.L.

Adegas e Viñedos Vía Romana S.L.
 A Ermida - Belesar CP: 27500 Chantada (Lugo)
Web
Email
 +34 982 462 069 // +34 982 454 005
Fax:  +34 982 454 094
Persoa de contacto: Laura Méndez
Admite visitas

Localización: Subzona de Chantada

Superficie: 16 Hectáreas

Produción: 165.000 litros

Variedades de uva: Mencía, Brancellao, Merenzao, Godello

Vía Romana

Vía Romana VR

Via Romana do Camiño

Adegas e Viñedos Vía Romana nace no ano 1997, dentro da D.O. Ribeira Sacra (Galicia) na subzona de Chantada. A adega está situada nunha casa solariega do século XVI,  debe o seu nome a unha calzada romana que unía Astorga con Braga, e cuxa finalidade era transportar os excepcionais viños desa zona.  Destaca ver aos seus pés o viñedo, o cal vence unha orografía difícil pero privilexiada nas ribeiras do Miño.  

Vía Romana é unha aposta pola calidade, o mimo e o saber facer dunha tradición familiar desde a primeira colleita na o ano 1998, con especial coidado en ofrecer a esencia da terra onde crecen as nosas viñas.   

Vía Romana, o viño que non entende de présas, a nosa carta de presentación e o noso modo de vida, un viño para beber cos amigos, a familia, con calma, tal e como foi a súa elaboración. A nosa filosofía de vida, o slow life que pensa e ten presente que as cousas máis importantes da vida deberían facerse sen présas!…   

Vía Romana posúe 16 hectáreas de viñedo propio, con formación en espaldera, situadas en ladeiras situadas nos vales e barrancos do río caracterizándose por producir colleitas limitadas de uvas dotadas de sabores moi concentrados. A vendima realízase de maneira totalmente manual, accédese a través de carreiros e, ás veces, mesmo polo propio río, desafiando á vertixe desde os bancales, exercendo a viticultura heroica.

PREMIOS RECIBIDOS :

•    2022    XLVIII Cata HG& Transfronteiriza de Brancos    Ouro    2020    Vía Romana do Camiño Godello
•    2022    Guía Peñín    90 puntos    2020    Vía Romana do Camiño Godello
•    2022    Guía Peñín    90 puntos    2018    VR Barrica
•    2022    GuíaVinosDestiladosGalicia (PAADÍN)    Ouro    2019    Vía Romana Anada 2019
•    2022    GuíaVinosDestiladosGalicia (PAADÍN)    Ouro    2011    Vía Romana Grandes Anadas 2011
•    2022    GuíaVinosDestiladosGalicia (PAADÍN)    Ouro    2019    Vía Romana Godello 2019
•    2022    GuíaVinosDestiladosGalicia (PAADÍN)    Ouro    2018    VR Barrica
•    2022    GuíaVinosDestiladosGalicia (PAADÍN)    Prata    2020    Vía Romana Rosado
•    2023    Mundus Vini    Prata    2021    Vía Romana Engada Mencía
•    2023    GuíaVinosDestiladosGalicia (PAADÍN)    Ouro    2020    Vía Romana Engada Mencía
•    2023    GuíaVinosDestiladosGalicia (PAADÍN)    Ouro    2018    VR Barrica
•    2023    GuíaVinosDestiladosGalicia (PAADÍN)    Ouro    2020    Vía Romana Do Camiño Fermentos Autóctonos
•    2023    GuíaVinosDestiladosGalicia (PAADÍN)    Ouro +    2019    Vía Romana Do Camiño Brancellao



CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.