Localización: Subzona de Ribeiras do Miño
Superficie: 1 Hectárea
Produción: 9.300 litros
Variedades de uva: MencÃa, Tempranillo
Sombrero
Adega que procede dunha anterior máis pequena dos anos corenta, construída en pedra típica da zona, restaurada e ampliada, adecuándoa ás actuais técnicas de vinificación sen perder o artesán da súa elaboración tradicional.
Situada nunha máxica zona de viñas e castañais a 300 m. da bela igrexa románica do século XII, Santo Estevo de Ribas de Miño, e en fronte con vista directa, a presa do salto de Belesar. Cos seus viñedos propios en forte pendente formando "socalcos" ou bancais rodeando a adega e nas súas proximidades, elabora dous tipos de viño: "Tinto Mencía" e " Tinto carballo colleita limitada".
PREMIOS RECIBIDOS
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España