Imprimir y PDF

A D.O. Ribeira Sacra aproxímase aos 5 millóns de quilos despois da segunda fin de semana de vendima oficial

25/09/2023

Despois da segunda fin de semana tras a data recomendada polo C.R.D.O.R.S. para o inicio da vendima, a D.O. Ribeira Sacra leva recolleitos 4.890.265 quilos. Da variedade maioritaria, Mencía, vendimáronse 3.675.218 quilos. As cantidades por variedades distribúense do seguinte modo:

Variedades tintas

  • Mencía 3.675.218 quilos
  • Garnacha 169.273 quilos
  • Merenzao 66.806 quilos
  • Brancellao 29.765 quilos
  • Caíno tinto 26.022 quilos
  • Tempranillo 26.708 quilos
  • Sousón 24.532 quilos
  • Mouratón 5.428 quilos
  • Grao Negro 580 quilos
  Variedades brancas

  • Godello 691.040 quilos
  • Albariño 96.271 quilos
  • Treixadura 59.603 quilos
  • Dona Branca 6.560 quilos
  • Loureira 6.112 quilos
  • Branco Lexítimo 4.287 quilos
  • Torrontés 2.070 quilos

  Das 95 adegas que vendiman este ano ao amparo da D.O. Ribeira Sacra, 29 terminaron a vendima, 59 adegas seguen vendimando e faltan 7 por empezar. Como anunciou, o pasado luns, o Presidente do C.R.D.O.R.S., Antonio Lombardía, a actividade máis intensa na viña desenvolveuse durante esta semana, duplicando as cifras da pasada fin de semana. O estado sanitario e a calidade da uva que segue entrando en adega son óptimos e durante esta semana a climatoloxía acompañará para terminar a campaña.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.