35 adegas seguen vendimando na D.O. Ribeira Sacra cando levan recolleito 3.496.411 quilos
25/09/2020
Ás portas da última fin de semana de setembro, das 93 adegas acollidas á Denominación que vendiman nesta campaña, 58 xa completaron os traballos, 35 adegas están vendimando e non queda ningunha adega por comezar, cando o ano pasado a 30 de setembro aínda había adegas por comezar coa vendima na D.O.
A data 24 de setembro levan recolleitos 3.496.411 quilos, que por variedades distribúense do seguinte modo:
Variedades tintas
- Mencía 2.809.318 quilos
- Garnacha 82.783 quilos
- Merenzao 51.022 quilos
- Caíño 26.432 quilos
- Brancellao 25.461 quilos
- Sousón 24.976 quilos
- Tempranillo 19.497 quilos
- Mouratón 3.365 quilos
- Grao Negro 50 quilos
Variedades brancas- Godello 338.708 quilos
- Albariño 62.789 quilos
- Treixadura 35.514 quilos
- Dona Branca 6.653 quilos
- Branco Lexítimo 4.272 quilos
- Torrontés 3.060 quilos
- Loureira 2.511 quilos
Ademais da prevista diminución da colleita desta campaña, a uva ten un
estado sanitario óptimo e os traballos séguense desenvolvendo con todas as medidas necesarias para a prevención da Covid19.