Este mércores, 7 de outubro, entraron en adega as últimas uvas recollidas na D.O. Ribeira Sacra nesta campaña, o que dá por finalizada a campaña oficialmente. A día de hoxe, cando todas as adegas terminaron coa recollida de uva, os datos de quilos de uva por variedade son os seguintes:
Variedades tintas:
Vendima 2020 na D.O. Ribeira Sacra
Con todo a D.O. supera a colleita do 2013 e do 2014 onde non se chegou ao 5 millóns de quilos. No 2015 recolléronse 6.227.365 quilos, no 2016 recolléronse 5.585.306 quilos; no 2017 foron 5.515.694 e no 2018 chegouse a 6.170.995. No 2019 fora a vendima histórica de 51 días recollendo uva para facerse con máis de 7.200.00 quilos.
A D.O. Ribeira Sacra deixa atrás unha vendima temperá, sen superar á do 2017 que comezaba o 19 de agosto, e unha campaña na que se tivo que enfrontar á pandemia, como sinala José Manuel Rodríguez, “A pandemia non tivo incidencia durante a vendima, pero si no coidado das viñas; en moitos casos trátase de economías complementarias de xente que non está aquí e que tivo problemas de desprazamentos para atender a viña. Polo demais a vendima comezou antes e terminou antes cunha uva en excelente estado sanitario e con moi bo grao porque nesta D.O. o tema da maduración non é un problema.”
O ano pasado tras rematar a vendima, a Denominación preparábase para acoller a XXIV Asemblea Xeral da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), neste ano de pandemia toca seguir concentrados nun viño que o mercado nacional seguiu demandando, “Agora toca centrarase en coidar o viño, que o viño que se meteu nas cubas se manteña e traballar para o mercado e poder vendelo. Despois dun ano de ventas no que a D.O. Ribeira Sacra foi un caso afortunadamente atípico no mercado nacional e influiu menos que noutros lados o tema da Covid. A pesar das dificultades soubemos seguir estando aí cun produto de alto nivel,” asegura José Manuel Rodríguez.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España