Alejandro Paadín, coautor da Guía de Viños, Destilados e adegas de Galicia presentaba este venres, 11 de dicembro, na D.O. Ribeira Sacra, a Guía de Viños de Galicia 2021. A D.O. Ribeira Sacra conta nesta Guía con 19 Medallas de Gran Ouro, das que todas corresponden a viño tinto e 1 branco, 161 medallas de Ouro e 44 medallas de Prata.
Recibe ademais 6 Trofeos Ampelos, estes premios outórganse ás adegas cando obteñen 5 Grandes Ouros, sendo un recoñecemento ao esforzo, a constancia e a excelencia. “Trátase dun selo de garantía das adegas, este recoñecemento amosa que a adega é capaz de facer de modo recurrente viños da calidade,” sina Paadín.
Consiguen o Ampelos: Adegas Moure, Algueira, Ernesto Rodríguez Pérez, Finca Míllara, Jorge Feijoo González e Roberto Regal López.
Recibe además 6 Trofeos Ampelos, estos premios se otorgan a las bodegas cuando obtienen 5 Grandes Oros, siendo un reconocimiento al esfuerzo, la constancia y la excelencia. “Se trata de un sello de garantía de las bodegas, este reconocimiento muestra que la bodega es capaz de hacer de modo recurrente vinos de la calidad,” señala Paadín. Consiguen el Ampelos: Adegas Moure, Algueira, Ernesto Rodríguez Pérez, Finca Míllara, Jorge Feijoo González y Roberto Regal López.
Así valoraba Alejandro Paadín a representación da D.O. Ribeira Sacra nesta edición da Guía “A Ribeira Sacra sae moi ben parada como todos os anos. Estanse apuntalando moitísimo os temas de colleitas e de parcela, moitos viños que veñen de parcelas con moita personalidade e permiten que os viños teñan Gran Ouro. Ribeira Sacra é das comarcas de Galicia onde a relación calidade prezo está moi equilibrada e por riba da media.”
Ribeira Sacra GRAN ORO Guía 2021:
Cata Ribeira Sacra, O viño deste Nadal con Mercedes González
Cata Ribeira Sacra, o viño deste Nadal
A D.O. Ribeira Sacra está inmersa na campaña “Ribeira Sacra, o viño deste Nadal”. Este xoves comezaban as catas virtuais que imparte a sumiller, Mercedes González Rodríguez. No mes de xaneiro prepáranse dúas novas catas, pero a seguinte cita será o xoves 17 ás 19.00h.
As catas desenvolveranse por streamig (Zoom, Youtube, Facebook, Instagram). A participación na cata é aberta e de balde, pero é necesario inscribirse no correo comunicacion@ribeirasacra.org ata 24 horas antes da cata. Unha vez inscritos obterán a ligazón de Zoom e das redes sociais para poder seguir a cata e deixar as súas preguntas ou comentarios sobre cada viño.
Os viños que se catarán o día 17 son:
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España