Imprimir y PDF

Despois da primeira fin de semana oficial de vendima na D.O. Ribeira Sacra recolléronse 483.709 quilos de uva

20/09/2021

A D.O. Ribeira Sacra fixaba como data recomendada para o inicio oficial da vendima o pasado 15 de setembro, aínda que algunhas adegas iniciaron a recollida de uva de determinadas variedades na última fin de semana de agosto. Tras a primeira fin de semana oficial de vendima entraron en adega 483.709 quilos de uva, dos que a maioría corresponden a Godello con 211.862 quilos.

O resto das variedades distribúense do seguinte modo:

Variedades tintas

  • Mencía 179.965 quilos
  • Merenzao 18.872 quilos
  • Garnacha 5.928 quilos
  • Brancellao 8.090 quilos
  • Caíno tinto 1.080 quilos
  • Tempranillo 306 quilos
  • Mouratón 90 quilos
  Variedades brancas
  • Godello 265.873 kilos
  • Albariño 42.724 quilos
  • Treixadura 10.943 quilos
  • Dona Branca 2.934 quilos
  • Branco Lexítimo 578 quilos
  • Torrontés 222 quilos
  • Loureira 115 quilos
  Das 97 adegas que esperan vendimar ao amparo da D.O. Ribeira Sacra nesta campaña, 39 están vendimando, 12 téñena paralizada e 2 xa remataron. 44 adegas estarían pendentes de comezar os traballos de recollida de uva. A uva que está a entrar en adega ten un estado sanitario óptimo e os traballos séguense desenvolvendo con todas as medidas necesarias para a prevención da Covid19.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: