63 adegas están vendimando na D.O. Ribeira Sacra cando levan recolleitos 1.341.382 quilos
24/09/2021
Ás portas da última fin de semana de setembro, das 97 adegas acollidas á Denominación que vendiman nesta campaña, 9 xa completaron os traballos, 63 adegas están vendimando, 6 téñena paralizada e 19 aínda non comezaron a recollida. A data 23 de setembro levan recolleitos 1.341.382 quilos, que por variedades distribúense do seguinte modo:
Variedades tintas
- Mencía 749.319 kilos
- Garnacha 16.355 kilos
- Merenzao 47.726 kilos
- Caíño 17.957 kilos
- Brancellao 25.461 kilos
- Sousón 5.266 kilos
- Tempranillo 3.877 kilos
- Mouratón 2.668 kilos
Variedades brancas- Godello 377.533 kilos
- Albariño 78.990 kilos
- Treixadura 23.782 kilos
- Branco Lexítimo 4.119 kilos
- Dona Branca 3.402 kilos
- Torrontés 652 kilos
- Loureira 115 kilos
O pasado ano a estas alturas da campaña de recollida, 58 adegas xa completaran os traballos de vendima. Destaca este ano a cantidade de Godello que leva recolleito que supera a cantidade da pasada campaña por estas datas do mes de setembro. Viticultores e adegueiros seguen enfrontándose a unha climatoloxía caprichosa que polo momento non interfire na calidade e estado sanitario da uva que segue entrando en adega en estado óptimo.