A Asociación de Sumilleres Gallaecia dá a coñecer as Distincións Gallaecia 2022. Os viños distinguidos neste concurso son resultado dunha dobre cata, unha delas con viños de mercado para coñecer o viño que chega ao consumidor final. Todos os viños Distinguidos superaron o corte de 84 puntos (ficha cata O.I.V.). A publicación deixa un balance de 1.500 viños e destilados catados de máis de 500 adegas e destilarías (a totalidade das amparadas nas D.O. e IXPs de viño de Galicia) e un total de máis de 2.000 referencias.
A D.O. Ribeira Sacra volve mellorar os resultados da anterior edición. Neste caso o Medalleiro de Ribeira Sacra queda con 22 Gran Ouro, 19 Ouro + (nova categoría), 154 Ouro e 43 Prata.
Son Gran Ouro en brancos:
Na presentación da Guía de Viños Adegas e Destilados de Galicia 2022 participaron este venres na sede do C.R.D.O.R.S., os autores, Luis L. Paadín e Alejandro Paadín e o Presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez. Despois deste tempo de pandemia Luis L. Paadín analizaba o comportamento do consumidor de viño cunha tendencia a apostar polo noso, “O consumo de viño non se resentiu coa pandemia, aumentou, o que cambiou foi a forma de consumilo, consumir o viño na casa que creo é fantástico e nese sentido as adegas creo que teñen que revisar a forma en que se merca o viño, tamén a forma de consumilo. Vimos que de forma clara apostouse máis polo noso. Falando con adegas o que está claro é que os viños da Ribeira Sacra teñen unha aceptación moi marcada na contorna, creo que é a D.O. galega onde se vive máis ese concepto de terroir desde un punto de vista de que culturalmente é un produto noso. Terroir non é só suelo, clima e uvas, é tamén cultura porque tes interiorizado ese viño. Ribeira Sacra vende a Godello tan de moda agora e segue vendendo ese concepto de Mencía atlántica Ribeira Sacra a nivel de consumidor de aquí e de fóra, o que demostra que a xente está normalmente orgullosa dos nosos produtos.”
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España