A D.O. Ribeira Sacra retoma a Cata de Calificación da última colleita
23/02/2022
O venres, 25 de febreiro a partir das 12.00h., celébrase no Hotel Áurea Palacio de Sober, a Cata de Calificación da colleita 2021 na D.O. Ribeira Sacra. Estas catas teñen carácter itinerante por subzonas e, despois de que no 2020 tivera lugar en Portomarín e do parón do pasado ano, neste 2022 retómanse na subzona de Amandi.
Integran o panel de cata:
- Alfonso Losada Quiroga, Experto en viticultura e enoloxía
- José Ramón Montilla Cortizo, Representante Asociación de Sumilleres Gallaecia
- Maira Ratón Fernández, Representante Asociación Gallega de Enólogos
- Mercedes González Rodríguez, Presidenta Vitislucus-Expertos Análise Sensorial e Enoturismo. Asesoría Gastronómica MEmbajadora
- José María Martínez Alonso, Membro Panel de Cata do C.R.D.O.R.S.
- Oscar González Rizo, Membro Panel de Cata do C.R.D.O.R.S.
- Juan Ángel Fernández Martínez, Membro Panel de Cata do C.R.D.O.R.S.
- Pepe Seoane, xornalista
- Ana Fernández González, Representante da Axencia Galega de Calidade (AGACAL)
- Ana Mª Martín Abild, Sumiller e Dipwset
O panel de cata valorará
10 mostras, 2 por subzona (Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil), buscando ter representación en cada subzona dunha adega de maior produción e outra de menor produción, para establecer unha valoración media dos viños da nova añada. A recollida de mostras levárona a cabo técnicas do C.R.D.O.R.S., comenzando o 14 de febreiro na subzona de Ribeiras do Miño e rematouse o 18 de febreiro na subzona de Chantada.
O
Consello Regulador organiza esta cata co fin de informar aos consumidores sobre a calidade dos viños que se van atopar no mercado. A última cata de calificación celebrábase en Portomarín un par de semanas antes do confinamento, a colleita 2019 obtiña a calificación de MOI BOA, cunha puntuación de 7.5.