O concurso internacional que organiza o Cervim celébrase do 14 ao 15 de xullo no Val de Aosta, Italia. O Mundial dos Viños Extremos é parte de Vinofed, a Federación Mundial de Grandes Concursos Internacionais de Viños e é o único concurso no mundo expresamente dedicado aos viños producidos pola viticultura heroica.
O concurso, que está aberto aos viños producidos en áreas que se caracterizan por ter unha viticultura de montaña ou en forte pendente, constitúe un punto de referencia para os produtores de viño nas zonas difíciles. O seu obxectivo é salientar as características únicas deses produtos así como dar a coñecer aos consumidores os aspectos culturais da viticultura de montaña e o valioso traballo que os viticultores fan para a salvagarda do territorio e do medio ambiente e para que os consumidores poidan apreciar todo isto.
Os criterios que deben de cumprir as Denominacións para que os seus viños participen no certame deben de ser algúns das seguintes: altitude superior a 500 metros (fóra dos sistemas en altiplano, pendente do terreo superior ao 30% (en puntos da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en terrazas con altitude superior a 500 metros, fóra dos sistemas en altiplano e viñedos cultivados en pequenas illas.
Viñedos en socalcos na D.O. Ribeira Sacra
A D.O. Ribeira Sacra é referente mundial da viticultura heroica, denominación á que se chega por unhas condicións orográficas que non permiten a mecanización, viñedos de pequeno tamaño habitualmente organizados en socalcos; condicións climáticas adversas ou/e porque o viñedo atópase en zonas xeográficas con paisaxes de elevada beleza e con carácter turístico.
As 61 mostras de 32 adegas da D.O. Ribeira Sacra que participan nesta edición do certame entran a concursar nas seguintes categorías: viños brancos tranquilos producidos na vendima 2021; viños brancos tranquilos producidos nas vendimas 2020 e anteriores; viños tintos tranquilos producidos nas vendimas 2020 e 2021; viños tintos tranquilos producidos nas vendimas 2019 e anteriores e viños rosados tranquilos. Non se admiten os viños premiados en anteriores edicións do Mondial des Vins Extrêmes. Aumenta a participación con respecto ao pasado ano que foron 53 mostras de 27 adegas e sitúase nunha participación similar á do 2020, que fueron 64.
Cada viño rexistrado no Concurso será avaliado por unha comisión e os viños seleccionados recibirán:
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España