Imprimir y PDF

A D.O. Ribeira Sacra lleva recolleitos 575.005 quilos despois de comezar onte oficialmente a vendima

16/09/2022

A D.O. Ribeira Sacra fixaba como data recomendada para o inicio oficial da vendima este 15 de setembro, aínda que algunhas adegas iniciaron a recollida de uva de determinadas variedades no últimos días de agosto. Tras o primeiro día oficial de vendima entraron en adega 575.005 quilos de uva, dos que a maioría corresponden a Mencía, 251.682 quilos.   As cantidades por variedades distribúense do seguinte modo:

Variedades tintas

  • Mencía 251.682 quilos
  • Merenzao 14.676 quilos
  • Brancellao 7.111 quilos
  • Caíno tinto 4.270 quilos
  • Garnacha 2.986 quilos
  • Mouratón 1.363 quilos
  • Tempranillo 37 quilos
  Variedades brancas
  • Godello 236.728 quilos
  • Albariño 32.245 quilos
  • Treixadura 14.343 quilos
  • Dona Branca 3.582 quilos
  • Branco Legítimo 1.334 quilos
  • Torrontés 1.163 quilos
  • Loureira 935 quilos
Das 92 adegas que esperan vendimar ao amparo da D.O. Ribeira Sacra nesta campaña, 41 están vendimando, 47 adegas estarían pendentes de comezar os traballos de recollida de uva e 4 xa finalizaron. Os viticultores rexistrados para esta vendima son 2.208 e as hectáreas rexistradas 1.270. A uva que está a entrar en adega ten un estado sanitario óptimo.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: