Imprimir y PDF

Visita para visibilizar a D.O. Ribeira Sacra en Europa

05/10/2023

Un grupo de cinco comunicadores de diferentes países de Europa, coordinados pola Unión Española de Catadores a través do proxecto europeo, "A Shared Passion", da Organización Interprofesional do Viño de España (OIVE); visitaron este 4 de outubro a D.O. Ribeira Sacra. Este tipo de encontros tratan de potenciar o coñecemento e visibilidade de España como país vinícola.  

Os comunicadores Simon Stafler (Austria), Antonhy de Beir (Paises Baixos), Anniina Schriner (Finlandia), Signe Meirane (Letonia) e Rowena Dumlao (Italia) asistiron no Centro do Viño da Ribeira Sacra a unha presentación da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e posterior Túnel do Viño. Cataron 14 viños de 14 adegas, viños novos, en barrica, Godellos, Mencías e outras variedades como Merenzao.  

Destacaron as ganas que tiñan de visitar Ribeira Sacra, despois de escoitar falar da viticultura heroica e probar algún Mencía. Nesta ocasión tiveron oportunidade de probar viños moi distintos e aseguraron que lles impresionara a frescura e lixeireza; o mesmo que variedades como o Godello, á que dixeron non estar afeitos.  

Tras a xornada de mañá, pola tarde achegaríanse a viñas e adegas da D.O. Ribeira Sacra e mostrábanse impacientes por continuar a visita. Os cinco catadores estiveron acompañados polo responsable de promoción internacional e pola directora de marketing da OIVE.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.