Imprimir y PDF

Pepe Cadavedo, Director do programa â??Protagonistas a gustoâ? de Punto Radio

"Se un analiza onde se producen estes viños,�son baratos"

08/05/2009

Cando entra en contacto coa Ribeira Sacra?
Hai xa moitos anos que a coñezo. Alguén dixo, non referíndose a ela, â??se non existise habería que crealaâ? eu creo que se lle pode atribuír a Ribeira Sacra. Ã? un lugar maravilloso, cun grande coidado polo viño, o cultivo heroico que se chama. Se un analiza onde se producen estes viños,â?¦son baratos. Cando ves o proceso, a recollida da uva, como se leva en cestos,â?¦.se esto se carga no viño, é barato.

Como ve os viños da Ribeira Sacra na actualidade?
Duns anos para aquí fanse excelentes caldos que apuntan moi alto. Parker puntuou a varios caldos da D.O. con máis de 95 puntos e eso é importante para Ribeira Sacra e demostra que as cousas se fan ben.
A nivel de mercado, español, por exemplo, é complicado competir con Rioja ou Ribera del Duero porque son viños moi asentados. Pero Ribeira Sacra vai despacio, eu creo que o está facendo ben, as adegas son pequenas, con producións limitadas,�Nuns anos vaise a falar moito máis dos viños da D.O. Ribeira Sacra.

Que teñen de especial ou de diferentes os viños desta D.O.?
O problema dos viños é que hai tantos! Hoxe en España fanse moi bos viños en todas as D.O., a competencia é dura e, polo tanto, abrirse camiño non é doado. No caso de Ribeira Sacra, cando a xente ve como se cultiva, eso é impensable! o que se inventou aquí para producir viño. � barato, cóbreme o que queira que é barato! E se a eso engadimos que se están facendo excelentes viños, podo afirmar que unha aposta de futuro que xa é presente son os viños da Ribeira Sacra.

O consumidor cando bebe un viño, realmente, pensa no traballo previo para elaboralo?
Dependerá da persoa, pero eso non vai a facer que che guste máis ou menos. à hora de bebelo podes aprecialo máis, pero o viño ou che gusta ou non. Sí creo que en España comenza a haber unha importante cultura do viño, xa se pide por D.O. ou incluso por marcas, a xente vai a catas,�Esto é importante porque o consumidor é o que manda e se cada vez entende máis, obliga ao enólogo e ao adegueiro a superarse para mellorar ano a ano os viños. Esto acontece en Ribeira Sacra.

Coa crise, seguiremos consumindo viño?
En España, en Galicia sempre beberemos viño. Non creo que o consumo baixe nin con crise nin sin ela, sí pode ser que se de unha tendencia xeneralizada, independientemente da crise, a que suban as D.O. máis pequenas ou de, relativamente, recente creación e baixe a demanda de Rioja ou Ribera del Duero.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.