Imprimir y PDF

Hai que seguir profundizando na singularidade dos nosos viños

ENTREVISTA A JOSÃ? MANUEL RODRIGUEZ, PRESIDENTE DO C.R.D.O.R.S

00/00/0000

As abundantes choivas caídas a finais da primavera ¿repercutirán na colleita deste ano?
As choivas caídas a destempo repercutirán na colleita, pero hai que ir vendo como. Pode haber unha lixeira merma na colleita, pero polo momento non é cuantificable, en todo caso despois de ter un ano 2007 cunha climatoloxía extrana, os viticultores estaban sobre aviso e están sendo moi coidadosos coa viña. A choiva a destempo non os colleu por sorpresa.

Ribeira Sacra celebrou as duas catas da colleita do pasado ano, a cata de calificación e a que premia os mellores caldos da D.O., para esta última establecíase como novidade unha nova categoría, os viños de barrica, ¿que papel xogan na actualidade os viños de barrica na D.O.?
Os viños de barrica son unha nova liña dentro da D.O. na que veñen traballando dende hai tempo varias adegas. Na actualidade, unha vintena de adegas elaboran viño de barrica e duas adegas traballan exclusivamente viño de barrica. O mercado e a crítica especializada están falando ben deste tipo de produto en Ribeira Sacra. Veremos nos vindeiros anos que nos depara o mercado, pero as expectativas son boas e a día de hoxe confírmase que se pode facer mencía de barrica con excelentes resultados.

Ribeira Sacra leva traballado moito por ir mellorando os viños e posicionalos no mercado ¿como se encara o futuro?
Temos que profundizar na nosa identidade. Ribeira Sacra ten viños diferenciados, paisaxe, gastronomía, arquitectura,....para mellorar temos que seguir profundizando na singularidade do noso viño. Esta é a liña de traballo.

¿� Ribeira Sacra unha denominación susceptible de elaborar un mapa de viñedos onde se clasifiquen os mellores?
En países como Francia é habitual te-los viñedos catalogados por cualidades en función de cuestións como o terreo, a orientación ou a pendente, Ribeira Sacra pode seguir esa liña. Sempre é bo. � un xeito de preservar os viñedos que son máis difíciles de traballar e onde é máis difícil sacar un kilo de uva, esas uvas pagaranse mellor e manterase a estrutura produtiva. En Ribeira Sacra poderíase facer un mapa de viñedos, pero non por subzonas completas, senón en viñedos concretos que poderían estar en calquera subzona, pero nos que ter en conta a pendente, a orientación, o tipo de laboreo ou os rendementos por hectárea. � un tema que hai que ir valorando entre todos e con tempo.

A declaración de espacio protexido para 11.000 hectáreas de Ribeira Sacra ¿repercute no sector vitícola?
En Ribeira Sacra xa hai zonas que teñen algunha declaración de espacio protexido como Rede Natura ou Itinerario Cultural Europeo. Coa nova declaración estariamos ante demasiadas proteccións sobre o papel e poucos cartos para saca-las adiante. A paisaxe mantéñena quenes viven de traballar nela. Mantéñena a pesares das decisións políticas. Hai situacións nas que se lexisla sen ter en conta a quenes viven nun lugar afectado por unha determinada medida, este é o caso, ninguén se puxo en contacto co sector. En Ribeira Sacra temos, por exemplo, a mellora da estrada entre Monforte e Castro Caldelas cos novos quitamedos na zona de ribeira, ¿como a administración pode esixir ó traballador da ribeira, cando a propia administración actúa transgredindo as normas básicas de sensibilidade coa paisaxe?

¿Incorporaranse ó Consello Regulador novos territorios de viñedo que o teñen solicitado en concellos como Pantón, Sober, Monforte ou Coles?
Estas zonas non forman parte hoxe do Consello Regulador porque cando naceu a D.O. pensábase en preserva-lo viñedo en pendente cara os ríos. Na actualidade estase nun momento de revisionismo do regulamento que podería supor incluír estas zonas no Consello. Hai que decidir ata onde se poden ampliar os territorios susceptibles de estar controlados polo Consello, en todo caso será unha decisión que se tome nos vindeiros meses.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: