Imprimir y PDF

Entrevista a Raúl Pérez, enólogo. La Voz de Galicia

XA QUIXERAN OUTRAS ZONAS AS VARIEDADES GALEGAS

17/10/2008

Raúl Pérez acadou prestixio como enólogo dalgunhas das marcas de culto que xurdiron no Bierzo. Actualmente ten proxectos en marcha en numerosas zonas de España e ata en Sudáfrica. Os viños de Galicia, e en particular os da Ribeira Sacra, son a súa gran esperanza.
-¿Busca zonas onde poder sorprender?
-� moi importante poder traballar con variedades autóctonas. As foráneas teñen un gran potencial, pero cabernets hai moitos e moi bos. Dispor de sete ou oito variedades propias ben aclimatadas ao terreo, como ten Galicia é un luxo. Outras zonas devecerían por elas para poder facer cousas diferentes.
-¿Máis aló da mencía?
-A mencía está moi ben, pero hai outras variedades que poden contribuír a enriquecela. Está o caíño, a loureira, a araúxa, a zamarrica.. e o bastardo, que aquí é o merenzao, ao que lle vexo un enorme potencial. � a mesma variedade que o trousseau francés, co que fan viños moi orixinais na rexión do Xura.
-¿Como ve o futuro da Ribeira Sacra?
-Se tivese cartos investiría aquí, téñoo moi claro. O problema é a uva, máis ben que non a hai. Se alguén me ofrece oito hectáreas de viñedo eu tráiolle ao día seguinte a un investidor. Hoxe tes 50.000 botellas de Ribeira Sacra e véndelas fóra porque os exportadores de Estados Unidos e Xapón están mirando para esta zona. O que non podes é facer viños de tres euros, para iso xa están as cooperativas.
-¿Haberá novos proxectos seus na Ribeira Sacra?
-Teño moitas ganas de facer outras cousas aquí. Este ano non puido ser polo limitado da colleita, pero espero ter marxe na vindeira vendima. Hai outra xente do mundo do viño moi interesada pola zona, pero teñen que atopar o tipo de uva que buscan. As transformacións radicais adoitan ser malas en todo, desde a educación ata a cociña, e por iso imaxino que haberá que ter paciencia.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.