Imprimir y PDF

A D.O. colabora na organización dunhas xornadas de Innovación Vitivinícola

Ribeira Sacra aposta pola viticultura de calidade

01/12/2008

Os días tres e catro de decembro celebraranse en Santiago de Compostela as II Xornadas de Espacio de Innovación Vitivinícola que organizan FEUGA e a Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Baixo o título ??Cara unha viticultura e enoloxía de calidade? a actividade pretende dar unha oportunidade ás adegas para coñecer de primeira man prácticas innovadoras e o resultado de investigacións relacionadas co sector. Parellamente os participantes poden manter encontros con grupos de investigación con ofertas concretas para adegas e viticultores.

A actividade desenvolverase no Centro de Estudios Avanzados, no Parque de Vista Alegre en horario de 9:30 a 19:00. con este tipo de propostas preténdese que os participantes fagan unha reflexión sobre a innovación como ferramenta para mellorar a competitividade das súas empresas ao tempo que supón unha axuda para crear vías de comunicación coa comunidade científica. Algunhas das conferencias e temas a tratar son:
Novos avances na xenética da fermentación alcohólica.
Métodos de detección precoz de microorganismos alterantes de viños.
Xestión e innovación no sector vitivinícola.
Xerez: Viños xenerosos e doces naturais
Procesos continuos para a clarificación e estabilización de viños.
Necesidades de formación en Enoloxía
Vinificación dos viños espumosos.
Cara a enoloxía do século XXI.
Viticultura biodinámica.
Eficacia e seguridade nos tratamentos fitosanitarios.
Estudio de enzimas de interese na industria enolóxica.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.