Imprimir y PDF

"No 2009 agardamos seguir nesta liña e que o consumidor continúe contando con nós.â?

â??O 2008 foi o ano do recoñecemento e da estabilidade."

26/12/2008

Que balance fai José Manuel Rodríguez como Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra do que foi o 2008 para a D.O.?
Como os bos viños, a D.O. vai mellorando. Ano a ano a Denominación faise máis estable e segura, os noso produtos están totalmente implantados no mercado. Fóronse dando pasos para o asentamento que son necesarios, e hoxe a D.O. é cada vez un valor máis seguro.

Entón a Denominación de Orixe non nota a crise?
Nos oito primeiros meses deste ano, as vendas de viño da Denominación de Orixe Ribeira Sacra incrementáronse nun 35%. Non se nota a crise. A Denominación foi medrando paulatinamente dende os seus inicios, o crecemento é estable e con respecto ao ano que ven hai que estar á expectativa.

En definitiva, o 2008 que significou para a D.O.?
O 2008 foi un ano de estabilidade institucional, estabilidade comercial e vitícola. Foi o ano do recoñecemento a través de feitos puntuais moi importantes como o ter acollido o Congreso Internacional de Viños de Montaña ou o feito de que na Guía de viños Parker, varios Ribeira Sacra aparecesen referenciados entre os mellores viños do mundo.

Este ano abríronse novos mercados, pero cales son os principais mercados de Ribeira Sacra, son viños para pedir nos restaurantes ou para mercar?
Os principais mercados seguen sendo Galicia e España. Hai xa tempo que se fan exportancións puntuais a Gran Bretaña, EEUU, China ou Xapón, entre outros países. En canto ao tipo de cosumo, consúmese segundo as tendencias do mercado. Hoxe os viños de Ribeira Sacra están referenciados nas cartas de multitude de restaurantes e o cliente pídeos. A presencia é moi importante na restauración e tamén nos supermercados e tendas. Hoxe fácilmente se pode atopar un Ribeira Sacra.

A Ruta do Viño comenzou a andar este ano, será o 2009 o ano definitivo para a súa posta en marcha?
Este ano ergueuse a estrutura do edificio e agora hai que ir dando os remates. O máis importante está feito, ter un proxecto e axentes implicados en sacalo adiante, pero segue habendo moito traballo por diante, sobre todo de carácter administrativo. No 2009 a Ruta comenzará a funcionar e poderase ver o traballo completo, funcionando de xeito efectivo entre finais do 2009 inicios do 2010.

Coa vista posta no vindeiro ano, ademais da Ruta do Viño, que obxectivos ou perspectivas ten o C.R.D.O.R.S.?
Ademais da Ruta do Viño será importante para o Consello contar coa nova sede no Centro de Interpretación da Ribeira Sacra, sobre todo polo que representa o conxunto do edificio e porque dende el se poderá dar unha oferta integral de todo o que é Ribeira Sacra. No 2009 agardamos seguir coa mesma estabilidade que ata o momento, que os consumidores continúen contando con nós e que sexa un bo ano vitícola, levamos dous anos cunha mala climatoloxía, estaría ben que no 2009 se rompese esta tendencia e o tempo fose máis agradecido.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.