Imprimir y PDF

Despois de FITUR a DORS pecha con éxito a asistencia a Xantar

ACTIVIDADES MÁIS INMEDIATAS DA D.O.R.S.

29/01/2009

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra continúa con labouras de promoción. Este 2009 abríao con presencia en Fitur a través do stand do Padroado Provincial de Turismo de Ourense, que proporcionaba aos visitantes á feira material promocional da Denominación.
En Xantar a presencia da D.O. era doble, con stand propio e con presencia tamén no stand da Consellería do Medio Rural.
As persoas que visitaron o stand da Denominación tiveron a posibilidade de degustar estes viños, recibiron información sobre a DO e moitos quixeron saber onde poder mercar os caldos da DO.
A asistencia ao recinto foi importante, sobre todo, durante a fin de semana. Ao longo dos catro días de Xantar máis de 1.000 persoas pasaron polo stand da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
Xantar pretende amosar o mellor da gastronomía galega entre o que non podía faltar a D.O.R.S. Estar presente neste tipo de actividades é sempre un impulso importante para chegar a novos clientes e consolidar aos que xa demandan Ribeira Sacra. ? unha boa oportunidade, tamén, para que os restauradores presentes con stand-restaurante coñezan algo máis os nosos viños.

Depois de Xantar a D.O. terá presencia na capital de Galicia a través da campaña Santiago Repetirás. Será o día 14 de febreiro. Un técnico do Consello Regulador ofrecerá unha cata comentada dos viños da D.O. Santiago Repetirás é unha iniciativa da Concellalía de Turismo de Santiago coa que se pretende combinar a cultura, o patrimonio e a gastronomía. A proposta prolongarase ata o 31 de marzo con obradoiros de cociña, catas de viños,?.

Outras propostas levarán á D.O. Ribeira Sacra a Gourmets ou Fenavin, pero xa máis avanzado o ano. En canto a actividades da D.O. dentro do territorio da Ribeira Sacra, o 27 de febreiro celebrarase a Cata de Calificación da Colleita 2008. Esta actividade ten carácter itinerante polas distintas subzonas da Denominación e pretende servir para promocionar elementos de interese de Ribeira Sacra, ademais do propio viño. Nesta ocasión será esceario da cata a subzona de Ribeiras do Miño, concretamente o concello de O Saviñao. En canto á Cata dos Viños da Ribeira Sacra celebrarase os días 28 e 20 de maio en Monforte de Lemos.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.