Imprimir y PDF

As solicitudes deben de presentarse no prazo dun mes

Axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña

08/02/2009

Medio rural ven de publicar no DOGA do 04 de febreiro de 2009 a ORDE do 29 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión de viñedo en Galicia para o 2009.

As axudas concédense para a reconversión varietal, a reimplantación de viñas e as melloras das técnicas de xestión de viñas. Ademáis de conceder axudas para participar dos custos de reestruturación, pódense conceder para compensar aos viticultores participantes no plan pola perda de ingresos derivados da súa aplicación.

Poden beneficiarse destas axudas persoas físicas ou xurídicas, tanto a nivel individual como colectivo (cun mínimo de 5 viticultores). Para os plans colectivos a achega pode ser de ata o 75% e de ata o 63,75 % para os plans individuais. No caso de perdas de renda a axuda será de 1.600 euros/ hectárea. Esta liña de axudas recolle tamén axudas para elevadores, de xeito que os colectivos poden recibir ata un 50% do investimento e os individuais un 42%.

As solicitudes deben de presentarse no prazo dun mes dende o día seguinte á súa publicación no DOGA e a Consellería ten un prazo de 8 meses para resolver expedientes. A execución das actuacións debe de facerse antes do 31 de xullo do 2013.

Descarga de documento en Lexislación e Subvencións


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: