Imprimir y PDF

Catadores británicos catan viños da D.O.

Os viños de Ribeira Sacra falan dun lugar e dunha tradición

24/02/2009

A sala de catas do Centro do Viño da Ribeira Sacra acolleu unha cata solicitada por Giles Cooke, Director de Compras e Desarrollo de Alliance Wine; Hamish Andersen, comprador de viños e sumiller-xefe para os seis restaurantes das galerías Tate, que acudía acompañado doutro membro de Tate, Andrew Downs; e Reg Ward, director de Presorvac, sistema profesional de viños por copa. Este tipo de procedemento está cada vez máis extendido para que a xente coñeza máis viños e teña a posibilidade de catalos, sen necesidade de ter que facerse cunha botella.
Pola súa banda Alliance Wine adícase á importación e distribución e ven de ser nomeada a 2ª Mellor Lista-Oferta de viños españois no Reino Unido. Alliance Wine ten unha amplia oferta de viños españois, pero traballan permanentemente por incrementar e mellorar as súas propostas con viños de calidade, de ahí o seu interese en achegarse aos caldos da DORS.
Finalmente as galerías de arte Tate Britain reciben uns 6 millóns de visitantes ao ano e moitos deles disfrutan da oferta dos seus restaurantes.

Os catadores están na Península para coñecer novas propostas, así punto de referencia foron os viños de O Porto, Valladolid e Galicia, con especial atención aos viños da D.O.R.S. Aseguraban que ésta é unha denominación pouco coñecida aínda no extranxeiro e que eso están buscando: non cantidade, sí viños singulares, nos que se detecte o clima, o terroir e as variedades autóctonas. Aseguran que o cliente-público do Reino Unido e doutros puntos de Europa se está cansando dos viños uniformes, de consumir sempre os mesmos viños, por eso buscan propostas como as da D.O.R.S., viños que falan, din, dun lugar e dunha tradición.
Un dos detonantes da visita foi o traballo do enólogo Raúl Pérez que traballa con varias adegas da D.O.R.S. Coñecen o seu traballo cos viños que está facendo en varias denominacións do noroeste da península e non querían perder a oportunidade de apreciar os viños e coñecer os lugares de cultivo.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.