Imprimir y PDF

GERRY DAWES Escritor e fotógrafo. La Voz de Galicia

R.S. pode repetir cos seus tintos a revolución do 89 no Priorato

12/03/2009

La Voz de Galicia, Luis Díaz

GERRY DAWES Escritor e fotógrafo, premiado no 2003 pola Academia Española de Gastronomía polo seu labor divulgativo.

«Os viños de tempranillo son un muermo». Garry Dawes non se corta á hora de emitir xuízos. Nunha mesa do restaurante monfortino O Grelo, proclama entre os seus compañeiros, nunha improvisada cata, o aburrimento que lle producen moitos modernos riojas. Tintos que poden estar á última moda, pero que o crítico estadounidense non quere ver proliferar, nin en pintura, na Ribeira Sacra. «O problema é que todo o mundo quere facer o viño que pensa que demanda o mercado. E ese é o grande erro: non vas a ningún lado facendo imitacións doutras imitacións», advirte.

«Vin cousas moi interesantes en Chantada, que é unha zona onde se poden facer viños extraordinarios>>, opina Dawes. ¿A receita? Non buscar sobremaduracións da uva, nin maceracións abusivas na adega, senón coidar a viticultura, sobre todo os rendementos por cepa, para que o viño exprese o seu terreo de procedencia, o famoso terroir do que presumen os franceses. «Levo corenta anos vinculado profesionalmente ao mundo do viño e podo asegurar que en Chantada se poden facer viños coa finura dun Borgoña, tintos concentrados e cargados de froita que non necesitan pasar de doce graos de alcol», sinala o crítico.
Chantada foi o seu principal achado, pero non o único. Dawes móstrase tamén moi impresionado polos viños que elabora algunha das adegas de Trives, neles di que se pode probar o máis próximo a un "grand cru" , o gran viño que a crítica espera da Ribeira Sacra para situala entre a elite das denominacións de orixe españolas.
Dawes cre que se se consolida a viticultura e as adegas evitan elaborar viños que se parezan aos doutras zonas, Ribeira Sacra está chamada a ser unha denominación de orixe de referencia. «Ribeira Sacra é un país de viños, teno todo para ser o Priorado do Atlántico: terruños e unhas variedades que non hai noutros lugares»,
asegura o crítico
En canto ao recente interese da crítica internacional polos viños galegos, Dawes asegura: ??Galicia ten potencial para elaborar algúns dos mellores viños do mundo, o problema é que os galegos non terminan de crerlo. Aquí está todo o que distingue ás grandes rexións produtoras mundiais, variedades propias aclimatadas á zona, diferentes chans e altitudes... Este é un país de viños, pero aínda hai moita xente que non cre no seu potencial. Non falo só dos adegueiros. Refírome tamén a moitos restaurantes de aquí, que teñen catro referencias galegas e vinte e cinco riojas. E que conste que son un gran amigo dos riojas, pero dos de toda a vida, non deses tintos modernos que manchan os beizos.
Pensando no futuro, o camiño para consolidar o prestixio dos viños galegos, é segundo Dawes ??sacar partido do que se ten. Galicia debe elaborar viños expresivos das súas zonas de procedencia, das condicións naturais dos seus terruños. A Ribeira Sacra teno todo para repetir cos seus tintos a revolución que se produciu en 1989 no Priorato, coa vantaxe de que estamos nunha rexión atlántica con condicións similares aos grandes viñedos franceses.?


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.