Imprimir y PDF

Almalarga e Peza do Rei

Os brancos da Ribeira Sacra chegan aos 90 puntos Parker

01/04/2009

O bo traballo feito na Denominación de Orixe Ribeira Sacra segue dando os seus froitos. Despois de que dous tintos de barrica da D.O. obtiveran repercusión mundial ao aparecer en The Wine Advocate cunha puntuación superior a 90, agora o turno é para os viños brancos. Dous brancos da D.O.R.S. obteñen máis de 90 puntos Parker. Son Almalarga 2007 (subzona de Ribeiras do Miño) da adega Pena das Donas S.L. e Peza do Rei branco 2007 (subzona de Ribeiras do Sil) da adega de César Enríquez. Estes viños ocupan así o ??Spain´s top 100? dos viños españois de gran calidade que se poden atopar no mercado estadounidense. Este tipo de recoñecementos avalan o traballo feito ata o momento polo C.R.D.O.R.S. e auguran novas visitas de importadores e distribuidores extranxeiros á Denominación de Orixe.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.