Este venres pola tarde inaugurábase oficialmente o Centro do Viño da Ribeira Sacra. Para a posta de longo do centro foron anfitrións o alcalde de Monforte, Severino RodrÃguez e o Presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel RodrÃguez. Ao acto acudÃan representantes socioeconómicos en Ribeira Sacra. O acto estivo ambientado con música en directo, mentres os asistentes coñecÃan as dependencias do Centro e gozaban de degustacións ofrecidas pola Escola de HostalerÃa de Rosende e viño ofrecido polo C.R.D.O.R.S. O escenario principal foi o patio do Centro, onde o alcalde de Monforte se dirixiu aos presentes agradecendo todo o traballo do C.R.D.O.R.S. e do sector do viño para facer realidade o Centro. Severino RodrÃguez asegurou que Ribeira Sacra era un lugar diferente e por este motivo serÃa referente en todo o mundo, a eso contribuirá o Centro do Viño. Ã?xito para o Centro do Viño foi o desexo de todos os presentes e que as instalacións actúen como lugar de encontro para o sector do viño e todos os que queiran coñecer Ribeira Sacra. Coa inauguración púñase en marcha tamén a cafeterÃa-taperÃa do Centro que estará en mans da Escola de HostalerÃa de Rosende para ofrecer o mellor da gastronomÃa galega a quen visiten as instalacións.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España