Imprimir y PDF

José Manuel Rodríguez en Gente Viajera desde o Centro do Viño da Ribeira Sacra

â??Creo no Centro do Viño e espero que faga por R.S. o que fixo o viño"

18/04/2009

â??O viño de Ribeira Sacra viaxa polo mundo xerando unhas moi boas sensacións, é un viño cada vez máis recoñecido, dentro e fóra das fronteiras. Como dato, no primeiro trimestre do ano incrementáronse as vendas de viño da D.O. un 19%. Hai que ser fiel ao consumidor para que el nos sexa fiel, así estamos traballando desde o C.R.D.O.R.S.â? Isto lle explicaba o Presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez a Esther Eiros no espacio radiofónico, Gente Viajera, que emitía este sábado desde o Centro do Viño da Ribeira Sacra, nun programa patrocinado polo C.R.D.O.R.S. que se emitía para toda España.
â??Hai que ser valentes para traballar este viñoâ? Apuntaba a xornalista con orixes en Ribeira Sacra, ao que o Presidente do C.R.D.O.R.S. respondía, â??aquí non abonda con que a actividade sexa rendible, hai que amar á terraâ?. â??As administracións teñen que ser coherentes co que é isto e, entre todos, manter o territorioâ?, aseguraba José Manuel Rodríguez, quen enxalzaba a relación que existe en Ribeira Sacra entre paisaxe e viticultura. â??Unha D.O. faise con traballo diario e o viño é a columna vertebral deste territorio. O viño é fundamental e actúa, aquí, como elemento aglutinador doutras riquezasâ?. Ribeira Sacra sen o viño sería outra Ribeira Sacra e recordaba José Manuel Rodríguez que o primeiro mapa que se fixo unindo toda a Ribeira Sacra fíxoo o viño. A zona tense que ver como unha unidade e espera que ese traballo de unión se continúe xerando desde o Centro do Viño, â??creo no Centro do Viño e espero que faga por Ribeira Sacra o que fixo o viño, este é un paso máis para lograr a unidadeâ?. Mostrábase, o Presidente do Consello, gratamente satisfeito pola aceptación que está tendo o Centro do Viño, entende que a xente se sente partícipe del e este é un dos principais obxectivos.
A conversación repasou as orixes da D.O. a través das Feiras do Viño de Amandi, Chantada e Quiroga e o turismo de natureza, sobre o que se insistiu, en que só ten sentido, se está coidada a paisaxe e diso, en Ribeira Sacra, encárganse os viticultores co mantemento das cepas sobre os bancais.
â??Ribeira Sacra é un produto único a nivel turístico no mundoâ? diría a xornalista Esther Eiros e sobre iso e a importancia do viño en Ribeira Sacra debatería tamén con Evaristo Rodríguez, representante da Asociación de Adegueiros; o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, o Presidente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, Juan Carlos Armesto e Emilio Rodríguez como representante gastronómico. A realización do programa desde o Centro do Viño, o mellor de Galicia, segundo o alcalde de Monforte, por modernidade, calidade e territorio, supón un importante impulso para esta instalación e para Ribeira Sacra.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.